Saturday 04 de May de 2024

Sardiñas, mexillóns e champiñóns produtos estrela do showcooking da Praza de Abastos


 

Tivo lugar un showcooking na Praza de Abastos de Ordes, da man da cociñeira Karina Carreira, do Factoría Doce. Sardiñas con pementos á brasa, mexillóns en escabeche ou champiñóns de mar foron as receitas que o público puido degustar.

A cita englóbase dentro da campaña ‘Quere o teu mercado’, lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados (www.quereoteumercado.gal), promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos, as prazas de abastos e as federacións e asociacións de comerciantes. Como obxectivo principal está o de destacar o papel dos mercados, potenciar a compra do produto local e dar a coñecer o traballo de praceiros e praceiras.